ORIXE DA LUDOTECA MARIÑEIRA

A Ludoteca Mariñeira nace da colaboración entre Buguina Turismo Cultural e a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro con motivo do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia (A Guarda, xullo 2019), xa que formamos parte do Comité Organizador, xunto á Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e o Concello da Guarda. Entre o inxente número de actividades que se realizaron nesta festa do patrimonio marítimo e fluvial galego, tiñamos un espazo de xogo en familia na que todo tipo de xogos tiñan cabida sempre e cando a cultura mariñeira estivera presente. Deste xermolo agroma a Ludoteca Mariñeira, unha proposta lúdico-educativa na que xogos de antes e de agora axudan a transmitir o patrimonio cultural do mar e dos ríos.

Ludoteca Mariñeira 2020
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar